Rapante á prancha con limón e allos tenros salteados

Rapante á prancha con limón e allos tenros salteados

Limpamos os rapantes de cabeza, espiñas laterais e vísceras. Unha vez limpos, dámoslles uns pequenos cortes transversais, para que no momento de cociñalos se fagan antes. Nunha tixola antiadherente a lume medio e cun pouco de aceite de oliva pasamos os peixes dous minutos por cada lado, salgándoos e engadindo unhas gotas de zume de limón segundo se van cociñando. Nesa mesma panela e cun pouco máis de aceite salteamos ata que se torren os allos tenros. Servimos os rapantes acompañados dos allos tenros e unha roda de limón.

Fuente: EROSKI

Importar a mi recetario

Ingredientes

  • de rapante
  • de allos tenros
  • de aceite de oliva
  • limón
  • Un chisco de sal

Recetas similares

Últimas recetas

Ver todas las recetas